PSOE e Podemos sumarían maioría absoluta noutras eleccións, apunta unha enquisa

A enquisa de Sigma Dos apunta a que Ciudadanos sería o principal damnificado se hai repetición electoral
Los líderes del PSOE y Podemos, Pedro Sánchez y Pablo Iglesias, en la Moncloa. LUCA PIERGIOVANNI (EFE)
photo_camera Los líderes del PSOE y Podemos, Pedro Sánchez y Pablo Iglesias, en la Moncloa. LUCA PIERGIOVANNI (EFE)

Ante unha hipotética repetición das eleccións xerais o 10 de novembro a suma do PSOE e Podemos lograría a maioría absoluta, segundo unha enquisa de Sigma Dos para El Mundo publicada este luns.

A enquisa de El Mundo sinala que Pedro Sánchez obtería un 33,4% e 145 escanos e sería o máis beneficiado por unhas novas eleccións, mentres que apunta que o principal damnificado do bloqueo político sería Ciudadanos que cun 11,8% tan só obtería 34 asentos fronte aos 57 actuais.

Pola contra, o electorado de strong Pablo Iglesias mantense intacto cun 14,2%, unha décima menos que nas eleccións de abril, a pesar da súa negativa a aceptar a oferta socialista dunha vicepresidencia e tres ministerios.

A sondaxe de El Mundo reflexa que os cambios máis significativos afectarían o bloque do centrodereita, xa que o Partido Popular lograría o 19,0% e 78 deputados, mentres a que agora ten o 16,7% e 66 escanos.

En relación a Vox obtería o 8,3% dos votos e 17 escanos, co que baixaría dúas décimas e perdería 7 deputados, segundo El Mundo.

Para a enquisa de Sigma Dos é o partido de Albert Rivera, Ciudadanos, o que máis perdería nunha hipotética repetición de eleccións, xa que de ter hoxe o 15,9% dos votos obtería un 11,8% o 10 de novembro e perdería 23 escanos ata 34.

A enquisa de Sigma Dos foi realizada o 27, 28 e 29 de agosto últimos sobre un total de 1.000 entrevistas. 

Calvo volve rexeitar a coalición: "Non merece a pena"
A vicepresidenta do Goberno en funcións, Carmen Calvo, volveu a rexeitar de xeito taxativo a fórmula do executivo de coalición que segue esixindo Unidas Podemos para facer presidente a Pedro Sánchez."Non podemos conformar calquera goberno, non merece a pena calquera goberno que non vai funcionar", explicou nunha entrevista en Los Desayunos de TVE, recollida por Europa Press. 

Chegados a este punto, Calvo indicou que a única vía para evitar a repetición das eleccións é que Unidas Podemos dea a súa visto e prace ao acordo programático que este luns aprobará a dirección federal do PSOE con 300 medidas, incluídas algunhas iniciativas da formación morada. 

Pola súa banda, o secretario de comunicación de Podemos Euskadi, Andeka Larrea, mostrouse preocupado polo feito do PSOE poida estar a xogar "coa hipótese de novas eleccións" no Estado e criticou que pida "unha especie de agasallo, dun todo gratis" para gobernar. 

Comentarios