Galicia

Unha quenlla ataca e devora un pargo de nove quilos no acuario da Coruña

Os peixes e demais animais que viven nos tanques do Aquarium Finisterrae da Coruña son alimentados con regularidade, pero isto non evita o instinto depredador dalgunhas especies. É o caso de Gastón, a quenlla touro que vive no tanque no que está mergullada a emblemática sala Nautilus. O pasado sábado foi sorprendido polo persoal do acuario capturando e engulindo un pargo de 9 quilos que nadaba xunto a el, momento que puido ser gravado e que compartiu a institución Museos Científicos Coruñeses.

Comentarios