A RAE di que falar de Consello de Ministras se hai homes non é "gramaticalmente aceptable"

Yolanda Díaz e Irene Montero, á fronte das carteiras de Traballo e Igualdade, utilizaron este termo
Sánchez posa con los ministros antes de su primera reunión. EFE
photo_camera Sánchez posa con los ministros antes de su primera reunión. EFE

A RAE aclarou que non é "gramaticalmente aceptable" falar de Consello de Ministras se no Goberno hai ministros homes, tal e como fixeron o pasado luns a deputada de Galicia En Común Yolanda Díaz e a número dous de Podemos, Irene Montero, na toma de posesión dos seus cargos. 

"Se ese órgano de Goberno estivese constituído só por mulleres, habería de denominarse Consello de Ministras; pero esa fórmula non é gramaticalmente aceptable se no Goberno hai ministros homes", sinalou a institución nun tuit recollido por Europa Press en resposta a unha usuaria. 

Así, a ministra de Traballo, a deputada de Galicia En Común Yolanda Díaz, prometeu no seu caso "manter o segredo das deliberacións do Consello de Ministras". A mesma fórmula seguiu a nova ministra de Igualdade, Irene Montero. 

Durante o acto de toma de posesión escoitáronse tres opcións diferentes: o Consello de Ministros, a fórmula mixta e Consello de Ministras, unicamente esta última polas dúas ministras citadas de Podemos. 

Iglesias e Garzón prometeron gardar o segredo das deliberacións do Consello de Ministros e Ministras, pero tamén o dixeron así varios ministros propostos por Sánchez, como Arancha González (Exteriores), Luís Planas (Agricultura), Salvador Illa (Sanidade) ou Carolina Darias (Política Territorial). 

Comentarios