Imprimir

A RAG lembra o discurso de Calero: "Estudar a Rosalía é estudarnos a nós mesmos"

Europa Press | 15 de julio de 2020

Ricardo Carvalho Calero.
Ricardo Carvalho Calero.
Este mércores cúmprense 135 anos do falecemento da autora galega

A Real Academia Galega (RAG) lembra con motivo do aniversario da morte de Rosalía de Castro o discurso de ingreso como académico de Ricardo Carvalho Calero, protagonista do Día das Letras Galegas 2020 e quen dedicou parte da súa intervención á escritora.

"Estudar a Rosalía é estudarnos a nós mesmos", pronunciou o autor ferrolán no seu discurso de ingreso na Academia e que pode descargarse na páxina web da institución que preside Víctor F. Freixanes.

"Dous sentimentos, desmasiado fondos os dous para non embargar o meu ánimo con emoción punzante, son donos de min no presente instante. Por unha banda, sinto como unha ocasión solemne na miña escura vida este momento en que, beneficiándome da vosa ilimitada benevolencia, entro a formar parte dunha corporación ilustre, que hai medio século iniciaba, baixo a presidencia de Murguía, a súa patriótica tarefa".

Así arrinca o discurso de Calero, no que o ferrolán dedica un espazo importante a Rosalía, de cuxo falecemento se cumpren 135 anos este mércores 15 de xullo.

"Carvalho Calero contribuíu ao máximo para dar visibilidade á obra de Rosalía en todos os lugares aos que chegou", sinala a profesora da USC Carmen Blanco. "Tiña que morrer en Padrón. Quixo, antes, ver, unha vez máis, o mar. Foi a Carril na súa procura. Regresou despois á súa casa da Matanza. Alí expirou ao mediodía do miércores 15 de xullo de 1885", escribiu Calero sobre o falecemento de Rosalía.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/cultura/rag-lembra-discurso-calero-estudar-rosalia-estudarnos-nos-mesmos/20200715201005081547.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)