Imprimir

Renfe reforza con case 2.000 prazas os seus trens con orixe ou destino Galicia

Efe | 09 de abril de 2019

Tren en una estación. SEBAS SENANDE
Tren en una estación. SEBAS SENANDE

Haberá prazas extra desde o próximo 12 de abril e ata o luns 22 

O operador ferroviario Renfe ampliará con case 2.000 prazas extra os servizos de longa distancia con orixe ou destino Galicia para as festividades da Semana Santa, desde o próximo 12 de abril e ata o luns 22 do mesmo mes.

Esta operación inclúe a todos os trens Alvia con orixe ou destino Madrid e as cidades galegas da Coruña, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, informa Renfe nun comunicado.

Pola súa banda, os trens de media distancia que se reforzan durante o curso académico suspenden soamente durante esas festividades os seus reforzos habituais en fin de semana.

No entanto, os días 12 e 21 de abril Renfe manterá o incremento de prazas para facilitar a mobilidade dos estudantes antes do parón vacacional e antes da finalización do mesmo, para volver incorporarse ás clases.

A nivel nacional, Renfe ofrecerá un total tres millóns de prazas de reforzo nos seus servizos.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/renfe-reforza-case-2000-prazas-seus-trens-orixe-destino-galicia/20190409173908056329.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)