Repuntan os contaxios tras detectarse outros 346 positivos en Galicia

Os casos activos en Galicia aumentaron con respecto ao xoves en 111 e sitúanse en 4.680
Una persoa camiña por Ourense, un dos concellos con máis contaxios. BRAIS LORENZO
photo_camera Una persoa camiña por Ourense, un dos concellos con máis contaxios. BRAIS LORENZO

Os contaxios de covid-19 en Galicia repuntaron nas últimas 24 horas con 346 positivos confirmados por PCR, deles 81 na área sanitaria de Ourense, 68 na de Vigo e 60 na de Santiago. 

Así consta nos datos actualizados na web da Consellería de Sanidade na mañá deste venres con datos recollidos ata as 18,00 horas do xoves, nos que se constata que a área sanitaria da Coruña rexistrou 57 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 31 na de Pontevedra; 30 na de Lugo e 19 na de Ferrol. 

Os casos activos en Galicia aumentaron con respecto ao xoves en 111 e sitúanse en 4.680, con incrementos en todas as áreas, salvo na de Pontevedra. 

En concreto, a de Ourense rexistra 1.601 --nove máis que este xoves--; a da Coruña, 784 --14 máis--, a de Santiago, 660 --21 máis--; a de Vigo, 592 --58 máis--; a de Lugo ten 475 --oito máis--; a de Pontevedra, 401 --18 menos-- e a de Ferrol rexistra 167 --19 máis--. 

Ata a data curáronse en Galicia 22.788 persoas, o que supón 238 máis que as contabilizadas o xoves. E realizáronse 572.690 PCR fronte ás 566.061 contabilizadas até este xoves.

FALECIDOS. A comunidade galega rexistrou ata a data o falecemento de 808 persoas con covid-19, o últimas cinco vítimas foron notificadas este xoves. 

En concreto, trátase de tres mulleres de 83, 90 e 96 anos –esta última procedente da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar que permanecían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). 

Segundo os datos facilitados este xoves pola Consellería de Sanidade, tamén faleceu un home de 85 que recibía atención hospitalaria no CHUO; así como outro home de 85 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti. Todos eles presentaban patoloxías previas. 

Comentarios