Rescatado un home que caeu ao mar desde un cantil en cabo Prior

Traslado del herido. SALVAMENTO MARÍTIMO
photo_camera Traslado del herido. SALVAMENTO MARÍTIMO

Un home foi rescatado con politraumatismos tras caer ao mar na mañá deste martes desde unha zona de cantís en cabo Prior, en Ferrol,segundo informan fontes de Salvamento Marítimo.

Un voluntario de Cruz Vermella, que tamén é policía nacional, contactou co centro de Salvamento da Coruña pasadas as nove da mañá para alertar do ocorrido. O home caeu ao mar nunha zona de cantís próxima ao carreiro Porto da Cova.

Salvamento Marítimo coordinou as tarefas de rescate co Helimer 401, unha Salvamar e dúas embarcacións de Cruz Vermella. No entanto, foron os bombeiros de Ferrol os que finalmente puideron rescatar o home, que foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario.