O Revenidas apraza a súa 17ª edición a 2021 e este ano fará un formato "moi reducido" 

As persoas que compraron a súa entrada poden gardala para asistir ao evento o próximo ano
Festival Revenidas de Vilaxoán durante una actuación de 'La Raíz' nunha edición anterior
photo_camera Concerto nunha edición anterior do Revenidas. EP

O festival Revenidas, que se celebra en Vilaxoán de Arousa, apraza a súa edición 17ª edición aos días 10, 11 e 12 de setembro de 2021. 

Estaba previsto que o festival tivese lugar na segunda fin de semana de setembro, pero a organización comunicou este martes que se viron obrigados a tomar esta decisión "ante a complexidade para levar a cabo un evento destas características" polo impacto do coronavirus. 

Con todo, explica que prepara para este mes de setembro un formato "moi reducido" do evento, que contará con concertos e distintas actividades gastronómicas e interdisciplinares "ligadas ao territorio, á tradición e á cultura mariñeira da zona". 

As persoas que compraron a súa entrada poden gardala para asistir á edición de 2021. En caso de querer recuperar o diñeiro, terán todo o mes de xullo para facelo. A plataforma de venda contactará cos compradores para facilitarlles máis información. 

Comentarios