Imprimir

Sábado de ceos despexados en Galicia

Redacción | 07 de agosto de 2020

As temperaturas descenderán lixeiramente

O sábado volveremos a estar baixo influencia anticiclónica con presenza de aire frío en altura. Así agárdase unha xornada de ceos pouco anubrados en xeral, con máis nubes ao norte e con algunha brétema no litoral.

Pola tarde, medrarán nubes de evolución no interior que poden deixar algún chubasco ocasional, máis probable nas montañas. As temperaturas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán de compoñente norte frouxos.

Clima

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/sabado-ceos-despexados-galicia/20200807185330082877.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)