Vídeos

Un sacerdote losquea a un bebé durante un bautizo

A inesperada labazada que un sacerdote propinou a un neno durante o seu bautizo nun intento por tranquilizalo derivou na prohibición ao cura, de 89 anos, de volver celebrar este sacramento e mesmo vodas. Na gravación, de apenas 40 segundos, aparece nun primeiro momento explicando aos familiares como ía desenvolverse a cerimonia, que, segundo CheckNews, tivo lugar o 17 de xuño na rexión parisiense. O pequeno, de dous anos e medio e nervioso, non para de chorar, o que acaba coa paciencia do relixioso. "Tranquilízate!", espétalle segundos antes de darlle unha labazada, que non fai senón aumentar o volume dos seus choros.