Sánchez e Casado acordan que a reconstrución se negocie nunha comisión parlamentaria

O Executivo planteara inicialmente aos partidos un documento metodolóxico cunha mesa principal e catro grupos de traballo
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Un momento da videoconferencia entre Pedro Sánchez e Pablo Casado. EP

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder da oposición, Pablo Casado, acordaron este luns que o pacto para a reconstrución económica e social tras o coronavirus se negocie nunha comisión parlamentaria.

Confirmárono fontes do PP e do Executivo, que expuxera ao principio aos partidos un documento metodolóxico coa mesa e catro grupos de traballo co obxectivo de chegar ao pacto en xullo, e que agora modificará para incluír o acordo de Sánchez e Casado. Os populares celebran que se logrou este acordo co que se cumpre o seu obxectivo de que as negociacións se fagan "con luz e taquígrafos", segundo fontes do partido.

A proposta inicial do Goberno falaba dunha mesa principal co presidente, os catro vicepresidentes e os portavoces parlamentarios, e de catro grupos de traballo --sobre reactivación económica, estado de benestar, sanidade e a UE-- que se reunisen no Congreso.

O obxectivo inicial era ter un acordo en xullo

Fontes do Executivo confirmaron a Efe que agora ese documento adaptarase ao acordo entre Sánchez e Casado, de forma que recolla que a procura do pacto se fará nunha comisión parlamentaria.

As mesmas fontes explicaron que tampouco é seguro xa que vaia haber unha primeira reunión este martes, dado que os formatos cambian.

Na súa proposta inicial de traballo aos partidos, o Goberno apostaba por un calendario que fixese posible pechar un acordo inter-institucional entre o Executivo central, as comunidades e as entidades locais para a implementación dos pactos de reconstrución na primeira quincena de xullo.

O obxectivo, en calquera caso, é o que Pedro Sánchez e os seus ministros repetiron nestes días: lograr un gran consenso político e social para a reconstrución e a saída da crise provocada pola Covid-19. Un consenso que busque a recuperación do crecemento e da creación de emprego e que fortaleza o sistema sanitario e o sistema de protección social.

Comentarios