Imprimir

Sánchez e Iglesias tuitean en galego para felicitar o Día das Letras

Redacción | 17 de mayo de 2019

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder de Podemos, Pablo Iglesias, utilizaron este 17 de maio o galego nas súas redes sociais para felicitar a todos os galegos polo Día das Letras. "Hoxe Galicia celebra e reivindica a súa lingua, a súa literatura, a súa cultura. E toda España faio con ela. Que o galego se fale e se lea, que a súa riqueza se coñeza en España e máis aló das nosas fronteiras, fainos mellores", escribiu o xefe do Executivo na súa conta de Twitter, xerando numerosos comentarios nas redes, principalmente polo uso da forma 'faio' e a probable utilización dun tradutor á hora de escribir o texto. "Google translate power", chanceaba un dos máis de 200 usuarios que responderon ao líder socialista.

Máis éxito tivo o secretario general de Podemos, quen acompañou a súa publicación dunga imaxe de Cantares Gallegos, de Rosalía. "O noso país é plurinacional, diversidade e riqueza que nos fai mellores. Hoxe celébrase o Día das Letras Galegas e seguiremos traballando para acompañar, reivindicar e defender a cultura e a lingua galega. Tamén nas institucións do Estado. Feliz día a toda a xente de Galicia".

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/sanchez-iglesias-tuitean-galego-felicitar-dia-das-letras/20190517183840058534.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)