Imprimir

Santiago acolle un casting en busca de 'mozas Vogue'

Galiciaé | 21 de noviembre de 2019

Una portada de Vogue
Una portada de Vogue
A tenda Elsavadeboda prepara unha campaña para captar novas caras que pousen coas súas creacións na recoñecida revista de moda

A concept store compostelá Elsavadeboda prepara un cásting para buscar novas mozas Vogue que pousarán coas súas creacións na revista internacional de moda.

Esta procura de modelos deu comezo este xoves. As interesadas poderán enviar a súa candidatura –especificando datos de contacto, idade e experiencia previa, e enviando fotografías e links aos perfís en redes sociais, en caso de telos–. As solicitudes deben enviarse á dirección de email [email protected], e o prazo para a súa recepción pecharase o próximo día 3 de decembro.

As solicitudes serán analizadas e posteriormente contactarase coas persoas seleccionadas para a seguinte fase do cásting, unha proba de cámara no seu espazo, que se celebrará no mes de decembro.

Esta selección de novas caras para a publicación en Vogue é xa unha tradición para as socias da tenda de moda, posto que este é o sexto ano que convocan este proceso de selección aberto.A idea das fundadoras desta empresa familiar é democratizar a moda, e que mulleres reais, seguidoras de tendencias, poidan formar parte de proxectos tan ambiciosos como este. "En Santiago hai moitas mozas ideais para protagonizar editoriais en revistas como Vogue, e nós queremos que poidan vivir esta marabillosa experiencia", explica Paula Pérez, fundadora de Elsavadeboda.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/santiago-acolle-casting-busca-mozas-vogue/20191121192925069123.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)