Imprimir

O seguro para viaxeiros da Xunta lanza unha mensaxe de confianza ao turismo

Redacción | 20 de diciembre de 2020

una padreja de peregrinos atraviesan el casco de lourenzá haciendo una etapa del camiño norte- foto jm alvez
Dos peregrinos, en Lourenzá. AEP
Os viaxeiros que cheguen a Galicia contarán cun seguro que cubrirá todos os custos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no caso de infección por covid-19

O Goberno galego investirá 1,2 millóns de euros nun seguro coronavirus que estará a disposición de todos os viaxeiros que se acheguen a Galicia en calidade de turistas, no camiño da recuperación do turismo ante a crise sanitaria. A Xunta de Galicia e mailo sector teñen en marcha o programa Galicia Destino Seguro, como parte do plan de reactivación e a través dunha batería de medidas traballan para garantir a adaptación ao novo escenario e que os turistas viaxen a Galicia con confianza.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, anunciou que o seguro é unha medida novidosa que entrará en vigor a partir do primeiro trimestre de 2021 e "cubrirá todos os custos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización" no caso de infección por coronavirus e, tamén se tivese que gardar corentena por prescrición médica, aínda sen ser positivo.

Non será preciso solicitalo e terá activo un servizo de atención telefónica 24 horas ao día en galego, castelán e inglés. Ademais todos os casos positivos que se reporten alí terán que ser coñecidos e validados pola Consellería de Sanidade. A única condición é que o viaxeiro non tivera contraído a enfermidade antes de chegar a Galicia e que non fixera a viaxe naquelas circunstancias nas que estea, de ser o caso, desaconsellado ou prohibido polas autoridades sanitarias en orixe.

Esta iniciativa enmárcase no plan de choque de reforzo do sector turístico, que, cunha dotación de 35,7 millóns de euros, incluirá outras medidas como incentivos ao consumo ou apoio aos turoperadores para a creación de paquetes turísticos atractivos no contexto da pandemia.

ACTUACIÓNS. Para o sector turístico, a Xunta actúa no ámbito da información, coa publicación de manuais e materiais cos requisitos e protocolos hixiénico-sanitarios necesarios; no da formación, con cursos gratuítos e certificables; e nos do asesoramento e financiamento para que empresas e profesionais se adapten en materia de seguridade sanitaria.

A Administración autonómica busca que turistas e peregrinos que viaxen a Galicia podan facelo coas máximas garantías. Así, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten en marcha un teléfono especial para os viaxeiros que non residen en Galicia e teñen médico de cabeceira asignado. No 881002021 serán atendidos sen coste no caso de presentar algunha sintomatoloxía relacionada co covid-19.

Coa fin de asegurar as medidas de protección en Galicia, é preciso que os viaxeiros que estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por covid-19 proporcionen os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias galegas nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, teñan ou non síntomas compatibles co covid-19.

Hai varias formas para facilitar os datos de contacto: cubrindo o formulario que está dispoñible na web coronavirus.sergas.gal/ viaxeiros, chamando ao teléfono 881002021  ou a través da app PassCOVID. gal.

Os territorios que se consideran de alta incidencia epidemiolóxica pola covid-19 actualízanse quincenalmente. Os actuáis atópanse no apartado para viaxeiros da páxina do Sergas.

"Axudará moito. Así os visitantes veñen máis tranquilos"

Mar Rodríguez cre que o seguro é "totalmente necesario" pois os turistas precisan ter unhas "garantías"

O seguro para os viaxeiros é "totalmente necesario" porque,sobre todo pensando nosestranxeiros, "teñen que terunhas garantías", asegura Mar Rodríguez, quen encabeza a axencia Tee Travel, con oficinasen Sarria, Vilagarcía de Arousa e Santiago. Esta encóntrase especializada no Camiño.

"Vir a Galicia cun seguro todo incluído, que non tes que mercar, se non que a propia administración o fai é algo moi positivo e pode asegurar esa confianza no destino", sinala a empresaria,quen cre que será "un elementode márketing para nós, para poder atraer a máis xente". O seguro "non será a única determinación" pola que unha persoaescollerá un lugar ou outro, peropensa que "axudará moito". Coneste tipo de medidas os visitantes "veñen máis tranquilos".

O seguro "reforza". Aqueles que poidan estar indecisos e se, por exemplo, se plantexaban ou non percorrer o Camiño, "van vir, no malo de contaxiarse, síntense arroupados", engade. Para Rodríguez, a xente quere viaxar e vai intentar escoller lugares "máis seguros", como xase viu este ano, coa "tendencia hacia Galicia e o resto do norte de España". Son puntos que "non teñen tanto esa masificacióne vense favorecidos", di.

Os viaxeiros non piden un seguro polo covid-19, pero si semostran preocupados e "preguntaban moito que pasa se...se o collo eu ou o colle alguén con quen vou". Son unhas dúbidas "moi habituais" dos visitantes e desde a axencia teñen "unha batería de preguntas parafacerllas á administración sobre as condicións pormenorizadas" del e a súas idea é "despois trasladalasaos clientes".

 

"Esta medida reforza a idea de Glaicia como destino seguro"

Noelia Pérez destaca que esta medida foi unha demanda para o sector para dar confianza ao viaxeiro

O seguro para os viaxeiros é "totalmente necesario" porque,sobre todo pensando nosestranxeiros, "teñen que terunhas garantías", asegura Mar Rodríguez, quen encabeza a axencia Tee Travel, con oficinasen Sarria, Vilagarcía de Arousa e Santiago. Esta encóntrase especializada no Camiño.

"Vir a Galicia cun seguro todo incluído, que non tes que mercar, se non que a propia administración o fai é algo moi positivo e pode asegurar esa confianza no destino", sinala a empresaria,quen cre que será "un elementode márketing para nós, para poder atraer a máis xente". O seguro "non será a única determinación" pola que unha persoaescollerá un lugar ou outro, peropensa que "axudará moito". Coneste tipo de medidas os visitantes "veñen máis tranquilos".

O seguro "reforza". Aqueles que poidan estar indecisos e se, por exemplo, se plantexaban ou non percorrer o Camiño, "van vir, no malo de contaxiarse, síntense arroupados", engade. Para Rodríguez, a xente quere viaxar e vai intentar escoller lugares "máis seguros", como xase viu este ano, coa "tendencia hacia Galicia e o resto do norte de España". Son puntos que "non teñen tanto esa masificacióne vense favorecidos", di.

Os viaxeiros non piden un seguro polo covid-19, pero si semostran preocupados e "preguntaban moito que pasa se...se o collo eu ou o colle alguén con quen vou". Son unhas dúbidas "moi habituais" dos visitantes e desde a axencia teñen "unha batería de preguntas parafacerllas á administración sobre as condicións pormenorizadas" del e a súas idea é "despois trasladalasaos clientes".

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/actualidad-xacobea/seguro-viaxeiros-da-xunta-lanza-mensaxe-confianza-ao-sector-turistico/20201220184429088883.html


© 2021 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 37 B 2ºC Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)