Os servizos de emerxencias buscan un bañista en Samil

Prevese que os traballos continúen o luns
Participantes nun operativo de búsqueda en Samil. SXENICK (EFE)
photo_camera Participantes en el operativo de búsqueda en Samil. SXENICK (EFE)

Os servizos de emerxencias organizaron na tarde deste domingo nun amplo operativo por aire, mar e terra na busca dun bañista desaparecido na praia de Samil, en Vigo. A última hora os traballos quedaron suspendidos coa previsión de que se retomen o luns.

Os Bombeiros de Vigo informaron arredor das 18.30 horas ao 112 Galicia da súa saída, que levou a alertar a Salvamento Marítimo. Este mobilizou a embarcación Salvamar Mirach e o helicóptero Pesca 1 do servizo de Gardacostas de Galicia.

Tamén se solicitou a colaboración do 061-Urxencias Sanitarias, dos axentes da Policía Nacional e Local e Protección Civil.