Imprimir

Socio, busco un socio

Héctor Cobo |

Galiciae | 18 de febrero de 2020

ABEL CABALLERO tocando o bombo entre butelos. Feijóo saltando de cacheira en cacheira por Lalín. A (pre)campaña bole. O teatriño de calculada emoción do líder do PPdeG para dicir que se presenta semella que xa foi hai un século. Avecíñanse días de Ive e Ave. A maquinaria está en marcha. Contamos con anuncios desde a Moncloa-socialista para dar brillo ao seu home gris de Galicia. Agárdanse mencións á pequena Icía no BNG. No rupturismo non faltará rupturismo, facendo honra a tan acaído nome. Talvez quede tempo para propostas. Non se garante. A roda volve xirar. Realmente nunca parou. Como no Xabarín, todos berran "socio, busco un socio". E ti, xa es do clube? Eu non, grazas.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/hector-cobo/socio-busco-un-socio/20200218095141073772.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)