Sol e algunhas nubes para iniciar a semana

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

O ceo galego inicia unha nova semana cun anticiclón afianzando a súa influencia. Así as cousas, as previsións de Meteogalicia auguran unha alternacia de nubes e claros, que darán paso a ceos pouco anubrados ou despexados.

Pola tarde, con todo, aumentarán as nubes de evolución en zonas altas do sueste da comunidade que mesmo poden deixar algún chuvasco de tipo tormentoso.

Nas temperaturas, mentres, espéranse poucos cambios, de modo que Pontevedra moverase entre os 13 e os 31 graos. Vigo e Ourense alcanzarán os 30, mentres que A Coruña e Lugo non pasarán dos 23.

Os ventos soprarán do nordés, fortes no litoral.