Imprimir

O Son do Camiño pon á venda 5.000 entradas diarias este mércores

Galiciaé | 17 de abril de 2018

O Son do Camiño (cartel portada)
O Son do Camiño (cartel portada)

Cada persoa poderá facerse cun máximo de dous billetes para cada unha das xornadas 

Tras esgotarse os abonos da primeira edición de O Son do Camiño, este mércores saírán á venda 5.000 entradas para cada un do tres días do festival, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de xuño en Compostela.

O seu prezo será de 39 euros máis gastos de distribución e cada persoa poderá facerse cun máximo de dous billetes para cada un dos días, é dicir, un total de seis entradas por comprador.

Desde a organización de O Son Do Camiño inciden en que só os billetes adquiridos a través de Ticketea.com e a súa páxina web teñen garantida a súa validez e autenticidade. Ademais, informan de que aqueles menores de 12 anos que vaian ao festival poderán acceder a el de xeito gratíito, acompañados por unha persoa adulta e tras entregar unha autorización especial (www.osondocamino.es/entradas/). A rapazada dos 13 aos 15 anos tamén estará suxeita a estes dous requisitos.

O Son do Camiño acollerá concertos de artistas internacionais como The Killers, Lenny Kravitz, Franz Ferdinand, Jamiroquai ou Residente.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/cultura/son-do-camino-pon-venda-5000-entradas-diarias-mercores/20180417231629030044.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)