Vídeos

Stormy Daniels fala co falso Donald Trump en 'Saturday Night Live'

A actriz porno Stormy Daniels participou esta semana no programa estadounidense 'Saturday Night Live'. Daniels asegura que tivo un 'affaire' con Donald Trump en 2006, cando o presidente de Estados Unidos xa estaba casado coa súa actual esposa, Melania Trump. A actriz asegurou que recibiu 130.000 dólares para non revelalo. Na súa aparición no programa, Daniels responde a unha chamada do avogado de Trump, Michael Cohen, co presidente en escoita. O letrado pregúntalle se está soa e o falso Donald Trump pregúntalle: "E que levas posto?". Durante a conversación co mandatario, Daniels dille que aínda que non crea "no cambio climático, avecíñase treboada". Tamén lle pide que dimita.
Comentarios