Suiza prohíbe tirar las langostas vivas en agua hirviendo para cocinarlas

Una langosta. AEP
photo_camera Una langosta. AEP

O Goberno de Suíza prohibiu a práctica culinaria de tirar as lagostas vivas á auga fervendo para cociñalas e estableceu que antes deberán ser aparvadas, no marco dunha revisión da súa lexislación en materia de protección animal. 

"Os crustáceos vivos, incluída a lagosta, xa non poderán ser transportados sobre xeo ou auga xeada. As especies acuáticas deben manterse na súa contorna natural. Desde agora os crustáceos deben ser aparvados antes de matalos", sinala a normativa aprobada polo Goberno suízo este mércores e que entrará en vigor en marzo. 

A lexislación tamén busca acabar coas granxas ilegais de cachorros, prohibir os dispositivos automáticos que castigan os cans por ladrar, explicitar as condicións para sacrificar animais enfermos ou feridos e responsabilizar aos organizadores do benestar animal en eventos públicos. 

A reforma da normativa suíza chega despois de que en Italia un tribunal ditaminase en xuño que as lagostas non deben manterse vivas en xeo nos restaurantes porque supón un sufrimento inxustificable antes de matalas para a alta cociña. 
 

Comentarios