O xuíz Taín, sobre Rosario Porto: "É un momento triste, aínda que non todas as vítimas son iguais"

José Antonio Vázquez Taín. AGN
photo_camera José Antonio Vázquez Taín. AGN

O xuíz instrutor que investigou a morte da nena Asunta Basterra en setembro de 2013, José Antonio Vázquez Taín, recoñeceu que a morte de Rosario Porto, condenada a 18 anos de cárcere polo asasinato da súa filla, constitúe un "momento triste, desagradable e moi lamentable", aínda que "non todas as vítimas son iguais". 

"Levo 23 anos de exercicio. Vivir o mundo do delito é moi desagradable. Hoxe explico que o delito non é bo, nin para a vítima nin para o delincuente. É un mundo escuro, triste, no que unha vez que entras, saes marcado se é que podes saír", dixo en declaracións a Europa Press, a propósito da presentación do seu libro Más allá y más arriba, sobre o Camiño de Santiago. 

Taín recoñeceu que na súa carreira acumula "moitos momentos de tristeza, moitísimos, e este é un momento de tristeza máis, desagradable e moi lamentable". Con todo, engadiu que "non todas as vítimas son iguais". "Hai xente que é vítima de si mesmo e outras vítimas doutros; ás doutros non se lles deu nunca unha oportunidade", sentenciou. 

Comentarios