Os terapeutas ocupacionais galegos denuncian un agravio comparativo

Reclaman a suspensión temporal de apertura ao público dos seus centros sanitarios privados

O Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacións de Galicia denunciou un agravio comparativo respecto de logopedas, fisioterapeutas e podólogos.

Esta reclamación chega por mor da resolución do 21 de marzo da Xunta de Galicia, na que se recoñece o dereito destes profesionais á suspensión temporal de apertura ao público dos seus centros sanitarios privados ante a crise do coronavirus.

Engaden, desde a organización, que a pesar dos seus intentos de contacto coa Administración estatal e da comunidade galega, seguen "sen recibir respostas".

"É unha irresponsabilidade excluír desta resolución a prestación de servizos sanitarios que levan a cabo os/as Terapeutas Ocupacionais dado risco que supón para a saúde pública, a realización de intervencións con contacto directo mantido e o carácter ambulatorio das mesmas. A poboación á que nos diriximos presenta pluripatoloxías, sendo unha alta porcentaxe, persoas maiores e poboación pediátrica, polo tanto, non podemos garantir as medidas de protección obrigatorias establecidas pola OMS", indican.

Solicitan, polo tanto, "unha rectificación" da resolución da Xunta e "respostas" antes os seus reclamos.

Comentarios