Trasladan a planta ao axente vigués ferido grave en Cataluña

A evolución de Iván Álvarez é "favorable"
Momento en el que los agentes socorren al policía vigués. JUSAPOL
photo_camera Momento en el que los agentes socorren al policía vigués. JUSAPOL
O policía Iván Álvarez, que resultou gravemente ferido os disturbios en Barcelona tras a sentenza do procés, foi trasladado a planta do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo este luns dada a súa evolución favorable, informaron fontes do Servizo Galego de Saúde.

O axente foi trasladado desde Barcelona ata Vigo nun avión militar o pasado xoves e quedou ingresado ata este luns na Uci do hospital Álvaro Cunqueiro.

O xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, xa avanzou entón que en cuestión de días pasaría a planta en vista de que o seu estado de saúde é "bo" e o seu prognóstico, "moderado".

De feito, Iván Álvarez subiu e baixou a pé do avión que o trasladou desde Barcelona ata Vigo.

O axente, que recibiu un gran golpe na cabeza no transcurso das manifestacións, estivo ingresado no Hospital de Sant Pau de Barcelona.

O xefe accidental da Policía de Galicia, José Luís Balseiro, congratulouse de que Iván xa estea "na súa terra", o que está seguro que contribuirá a unha "melloría notable" do seu estado de saúde.

Comentarios