Vídeos

Un traveso neno acapara toda a atención na pedida de man da súa nai

O mozo Kevin Przytula tíñao todo preparado para pedirlle matrimonio á súa noiva, Alyssa, mentres unha amiga filmaba o romántico momento. Xeonllo en terra e anel en man, ocorreu algo inesperado que acabou por roubarlle todo o protagonismo á feliz parella: o fillo dela, Owen, actuou coa espontaneidade propia dos seus tres aniños e púxose... a ouriñar! O propio Przytula, de Michigan, subiu o vídeo a youtube, onde se volveu viral.