Imprimir

O Tribunal Supremo podería paralizar este martes a exhumación de Franco

Efe | 03 de junio de 2019

Visitantes no monumento do Val dos Caídos. J.J.GUILLÉN
Visitantes no monumento do Val dos Caídos. J.J.GUILLÉN

Cinco maxistrados do Supremo estudan os recursos presentados pola Fundación Francisco Franco, a filia do ditador e outras asociacións

Unha Sala integrada por cinco maxistrados do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo reuniranse este martes para estudar se paralizan a exhumación de Francisco Franco do Val dos Caídos prevista polo Executivo de Pedro Sánchez para o próximo 10 de xuño.

Esta posibilidade solicitouse como medida cautelar nos catro recursos presentados contra a iniciativa do Goberno pola familia Franco, A Fundación Francisco Franco, a comunidade Benedictina en Cuelgamuros e a Asociación de Defensa do Val dos Caídos.

O tribunal que verá este asunto, a Sección Cuarta do Contencioso do Supremo, estará presidido por Jorge Rodríguez Zapata a quen se engaden os maxistrados Celsa Pico, José Luis Requero, Pablo Lucas e Antonio-Jesús Fonseca-Ferreiro, que poderían decantarse por suspender os traballos no Val en espera de que se resolva sobre o fondo do asunto.

Os recursos presentáronse contra o acordo polo que o 15 de febreiro o Consello de Ministros autorizou a execución da exhumación, a condición de que a familia do ditador accedese a elixir unha localización distinta á cripta da Catedral da Almudena para inhumar de novo os restos do seu avó.

Ante a negativa da familia de renunciar polo momento a enterrar a Franco na sepultura que posúen a perpetuidad na cripta da Almudena, un lugar que o Goberno considera inadecuado pola súa situación tan céntrica e o seu interese turístico, o Executivo aprobou posteriormente, o 15 de marzo, outro acordo polo que decidía reinhumar os restos do ditador no cemiterio de El Pardo-Mingorrubio e fixaba para o 10 de xuño a data dos traballos de inhumación.

Para proceder á exhumación, o Goberno solicitaría o correspondente permiso eclesiástico e se non o obtivese –ata o momento o prior da abadía benedictina que custodia a Basílica do Val dos Caídos negouse, e de feito tamén acudiu ao Supremo a pedir que se paralice a exhumación- solicitará unha autorización xudicial. Só con algún destes dous permisos, accederá á Basílica a exhumar a Franco. Tanto a familia como a Fundación Francisco Franco e o resto de recorrentes apelan ao dano que se causaría se se trasladan os restos do ditador antes de que o Supremo dite sentenza sobre o fondo do asunto. é dicir, se se trasladan eses restos ao cemiterio do Pardo- Mingorrubio, en Madrid, e logo o tribunal resolve que han de regresar ao Val dos Caídos.

ALTERNATIVAS DA FAMILIA

Por outra banda, a Familia acusa tamén Goberno de "mentir" cando interpreta que a familia renunciou a sinalar un lugar alternativo á cripta da Almudena para a inhumación. Nun dos seus escritos de ampliación do recurso inicial –presentaron varios– recordan que xa enviaron un escrito ao Goberno polo que deixaban constancia de que, no caso de que o Supremo desestimase o seu recurso, accederían a sinalar unha localización alternativa á Almudena e pedían que se lles dese un prazo razoable para tomar a decisión.

A familia tamén censura o Real Decreto polo que se concedeu á Administración Xeral do Estado a titularidade do panteón do cemiterio do Pardo onde será enterrado Franco e que ata agora pertencía a Patrimonio Nacional.

O consello de administración de Patrimonio Nacional acordou pedir ao Goberno a desafectación desta cripta o pasado mes de marzo, unha vez que transcendese os plans do Goberno para exhumar ao ditador do Val dos Caídos e trasladalos ao cemiterio madrileño do Pardo.

A Fundación Francisco Franco considera "unha burla" e unha "afronta" ao alto tribunal e ao Estado de Dereito a aprobación deste Real Decreto por parte dun Consello de Ministros "en funcións" e sen que se resolveu o recurso de suspensión presentado no Tribunal Supremo.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/Cronica/tribunal-supremo-poderia-paralizar-martes-exhumacion-franco/20190603211528059564.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)