O TSXG acorda que os membros da carreira xudicial traballen de forma presencial desde hoxe

Recuperarán a quenda ordinaria previa á declaración do estado de alarma
Sede del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. ADP
photo_camera Sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. ADP

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou que os membros da carreira xudicial traballen de forma presencial a partir deste martes. 

Segundo informou o TSXG nun comunicado, "as quendas de presenza e dispoñibilidade dos xuíces e xuízas de todos os órganos xudiciais de Galicia quedan suprimidos, recuperándose a quenda presencial ordinario previa á declaración do estado de alarma", segundo consta no acordo adoptado este luns en reunión extraordinaria pola Sala de Goberno. 

A decisión tomouse tras a publicación da Orde JUS/430/2020, de 22 de maio, pola que se activa a Fase 2 do Plan de Desescalada para a Administración de Xustiza ante o Covid-19 e, engade o TSXG, "tendo en conta a resolución de 25 de maio de 2020 na que a Xunta decreta que as oficinas xudiciais deben contar coa presenza de entre un 60% e 70% do persoal efectivo".

QUENDAS PRESENCIAIS. O pasado 4 de maio a Sala de Goberno do TSXG xa deixara sen efecto o sistema de quendas presenciais aprobado o 15 de marzo para permitir a todos os xuíces de Galicia a posibilidade de traballar de forma presencial. 

Quen entón xa optaron voluntariamente por esa opción fixérono, do mesmo xeito que os que se reincorporen este martes, puntualiza o alto tribunal galego, "cumprindo as indicacións e prevencións sanitarias que se recollen na Guía de Boas Prácticas para a Reactivación da Actividade Xudicial e Adopción de Medidas de Saúde Profesional para a Prevención de Contagios en Sedes Xudiciais", aprobada polo Consello Xeral do Poder Xudicial o pasado 29 de abril. 

Comentarios