Imprimir

A TVG acollerá este martes un novo debate electoral

Redacción | 15 de abril de 2019

Instalacións da TVG. CRTVG
Instalacións da TVG. CRTVG

Será ás 10.00 horas, no programa 'Bos Días' ► Participarán as forzas políticas que teñen representación no Congreso e En Marea e BNG

O programa Bos Días, da TVG, dará espazo este martes a un debate electoral con representantes das forzas políticas que actualmente teñen representación no Congreso: PP, PSOE e En Común-Unidas Podemos. Ás que se sumarán En Marea e BNG.

O evento terá lugar ás 10.00 horas e Fran L. Iglesias será o encargado de moderar as intervencións. 

No debate participarán: Marta González, candidata número 2 do PP pola Coruña; Pablo Arangüena, número 2 pola Coruña do PSdeG-PSOE; Yolanda Díaz, candidata número 1 por Pontevedra de En Común-Unidas Podemos; Iván Olmos, número 1 por Ourense de En Marea, e Néstor Rego, candidato número 1 do BNG pola Coruña.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/tvg-acollera-martes-novo-debate-electoral/20190415184934056630.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)