CRTVG ofrece un debate electoral a cinco este venres

Vox, a pesar de estar invitado, non acudirá ao encontro por motivos "de axenda", segundo anunciaron fontes da formación
Francisco López Iglesias en Bos Días
photo_camera Francisco López Iglesias en Bos Días

A Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) organiza este venres ás dez da mañá deste venres un debate en directo cunha duración dunha hora no que participarán forzas políticas con representación no Congreso dos Deputados nas circunscricións galegas "e grupos significativos".

Deste xeito, os participantes serán os candidatos ao Congreso pola Coruña do PSOE, Pablo Arangüena, do PP, Marta González, e do BNG, Néstor Rego; e as cabezas de lista por Pontevedra de En Común-Unidas Podemos, Yolanda Díaz, e de Ciudadanos, Beatriz Pino.

O debate será ofrecido en directo no marco dos programas Bos días da TVG e Galicia por diante da Radio Galega; posteriormente, ás 22.45 horas, se redifundirá, segundo destacou a CRTVG nun comunicado en horario de máxima audiencia na TVG2, con tradución á lingua de signos.

O debate estará moderado por Francisco L. Iglesias, quen velará "polo equilibrio das intervencións", e tamén se poderá seguir en directo a través da web da CRTVG, que tamén ofrecerá un minuto a minuto.

A orde de intervención inicial respecta o número de votos obtidos por cada formación nas eleccións xerais do mes de abril en Galicia -PSOE, PP, En Común-Unidas Podemos, Cidadáns e BNG-, mentres que para a quenda de peche será á inversa; unha vez comezado o debate, os tempos non se marcan e será o moderador o encargado de dar a palabra.

Vox non irá ao debate por motivos "de axenda"

Vox aduciu "motivos de axenda" para non acudir ao debate. Segundo fontes da CRTVG consultadas por Europa Press, a dirección do ente público invitou o partido que lidera Santiago Abascal a sentar no debate, pero a formación declinou a oferta aducindo "motivos de axenda". 

Comentarios