Abascal pide reunirse con Casado e Rivera para pechar os pactos de Madrid e Murcia

Asegura que será "xeneroso" para superar un bloqueo que, na súa opinión, provocaron o "apartheid" de Cs e a "equidistancia" do PP

Santiago Abascal. EFE
photo_camera Santiago Abascal. EFE

O presidente de Vox, Santiago Abascal, propuxo este luns aos seus homólogos de PP e Cidadáns, Pablo Casado e Albert Rivera, unha reunión mañá no Congreso dos Deputados para realizar o "último intento" para "desbloquear" a posibilidade de formar gobernos autonómicos en Madrid e a Rexión de Murcia.

Nunha rolda de prensa celebrada en Murcia, na que estivo arroupado pola dirección nacional e o grupo parlamentario de Vox na Asemblea Rexional de Murcia, Abascal asegurou que será "xeneroso" nesta reunión para superar un bloqueo que, na súa opinión, provocaron o "apartheid" de Cs e a "equidistancia" do PP.

Na súa opinión, o acordo de goberno asinado polo PP e Cidadáns na Comunidade de Madrid significa que ambos os dous persisten no "erro" de chegar a un pacto sen contar con Vox, o que, ao seu xuízo, debe levar á "reflexión de moitos españois"

Comentarios