Imprimir

Unións Agrarias aposta pola "caza social" para a xestión do xabaril

Europa Press | 11 de octubre de 2019

Imagen de archivo de un guardia civil dirigiendo a varios jabalíes que habían irrumpido en una carretera AEP
Imaxe de arquivo dun garda civil dirixindo a varios xabarís que irromperan nunha estrada. AEP
A próxima semana a organización celebrará contactos cos grupos parlamentarios para exporlles os contidos da iniciativa

Unións Agrarias reiterou a súa aposta por un cambio no enfoque do control das poboacións de xabaril de Galicia para reducir os seus danos e o seu impacto na agricultura e gandería, onde produce uns danos superiores a 15 millóns de euros ao ano, e na seguridade viaria, con case catro accidentes diarios nas estradas. 

é por iso que o sindicato espera que a Cámara debata en novembro, dentro do marco da Lei de Acompañamento das contas, a PNL sobre reformas urxentes da Lei de Caza de Galicia presentada o pasado 4 de outubro e avalada por máis de 6.500 firmas de veciños do rural. 

A próxima semana a organización agraria celebrará contactos cos grupos parlamentarios para exporlles os contidos da iniciativa, co fin de buscar un acordo global. 

Entre as medidas que expón o sindicato atópase a aposta polo control das poboacións de xabaril a través da caza social galega, baixo á dirección e control da Xunta e segundo criterios científicos e técnicos; a organización e responsabilidade da execución das esperas durante a época de veda; ou o uso da caza fóra de tempada para a prevención de danos, entre outras. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/unions-agrarias-aposta-pola-caza-social-xestion-do-xabaril/20191011194633066529.html


© 2021 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 37 B 2ºC Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)