Un veciño das Pontes que viaxou a Madrid, novo positivo por coronavirus

Atópase ben e permanece illado no seu domincilio ►Os seus achegados están xa en corentena ►Viaxou a Madrid a pasada fin de semana 
2020031210391487715
photo_camera O cartel no negocio do afectado, que se colocou antes de coñecer o positivo para protexer os seus clientes. EP

Un home de 41 anos, veciño das Pontes e que recentemente viaxara a Madrid para participar nunha festa deu positivo en coronavirus. Segundo puido confirmar El Progreso, o paciente atópase ben, estable e "xa sen febre". Permanece illado no seu domicilio e xa están baixo corentena as persoas coas que tivo contacto nas últimas xornadas, que están completamente asintomáticos polo momento. 

O afectado comezou a presentar síntomas dous días despois de regresar a Madrid, polo que alertou da situación aos servizos sanitarios. Antes de ter os resultados e, por precaución, a familia do afectado decidiu preventivamente pechar o negocio que rexentan para non expor os seus clientes. 

QUEIXA. Por outra banda, os achegados ao paciente quixeron manifestar o seu malestar porque, afirman, intentaron en varias ocasións contactar co 900 400 116, o teléfono de información sobre o coronavirus, sen lograr comunicarse con ninguén do servizo.

Comentarios