A vendima de 2019, a terceira máis abundante da década

Recolléronse case 64 millóns de quilos de uva
La vendimia en la Ribeira Sacra. BRAIS LORENZO
photo_camera Vendimia na Ribeira Sacra. BRAIS LORENZO

A vendima de 2019 nas cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia foi a terceira máis abundante da última década, só superada polas de 2011 (que foi marca absoluta) e de 2018, que só foi un 0,17 por cento superior á campaña deste ano. 

Ademais, a colleita deste ano sitúase un 6,5 por cento por encima da media do decenio, segundo reflexa un informe da Consellería do Medio Rural analizado este xoves polo Consello da Xunta. 

O documento sinala que, pechada a campaña, nas cinco denominacións galegas cultiváronse case 64 quilos de uva, dos que algo máis de 51 millóns correspondéronse a variedades brancas e os 12,8 millóns restantes, a tintas. 

Por denominacións, a de Rías Baixas ocupou de novo o primeiro lugar en volume de produción, cuns 32,4 millóns de uva recolleitos, que representan algo máis da metade do total. 

Seguiulle a do Ribeiro, con 11,8 millóns de quilos e, a continuación, as de Ribeira Sacra (7,2 millóns), Valdeorras (6,8 millóns) e Monterrei (con algo máis de 5,6 millóns de quilos). 

Comentarios