Imprimir

A Xunta confirma novas intoxicacións "leves" en escolas infantís

Europa Press | 06 de noviembre de 2019

Comedor escolar. AEP
Comedor escolar. AEP
Rueda envía unha "mensaxe de tranquilidade"

A Xunta de Galicia confirmou este mércores que está a investigar novos casos de intoxicación "leve" en escolas infantís ás que forneceu a mesma empresa de catering vinculada con outros episodios de intoxicación detectados hai uns días mas provincias de A Coruña e Pontevedra, e quixo enviar unha "mensaxe de tranquilidade" porque se trata de "casos illados". 

Así o manifestou, en declaracións aos medios antes de participar nun acto en Vigo, o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, quen sinalou que a Xunta está a estudar "o alcance e as causas" destas intoxicacións "leves". "Queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade. Son casos illados e moi leves", apuntou, e recalcou que a Xunta investiga para coñecer a orixe do problema e para "que non se volva repetir". 

Rueda explicou que aínda é prematuro sinalar a causa da intoxicación porque "non hai conclusións definitivas", e sinalou que se están analizando "no seu conxunto" todos os episodios vinculados a esa mesma empresa, co fin de coñecer, entre outros detalles, "se houbo algún problema na cadea de custodia dos alimentos". 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/xunta-confirma-novas-intoxicacions-leves-escolas-infantis/20191106120212068128.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)