Yolanda Díaz, Irene Montero ou Alberto Garzón, entre os ministrables de Podemos

Polo menos oito membros da formación morada atópanse nas quinielas que manexan os medios 
Julio Rodríguez, Yolanda Díaz, Pablo Iglesias, Irene Montero e Alberto Garzón. EFE
photo_camera Julio Rodríguez, Yolanda Díaz, Pablo Iglesias, Irene Montero e Alberto Garzón. EFE

Tras o preacordo alcanzado este martes entre o PSOE e Unidas Podemos para un Goberno de coalición, as quinielas sobre quen formarán parte do Consello de Ministros xa comezaron.

Polo menos oito membros da formación morada atópanse nas listas de ministrables publicadas nas últimas horas por distintos medios. Xunto a Pablo Iglesias –que xa se acordou que será vicepresidente– soan os nomes de Irene Montero, Yolanda Díaz, Julio Rodríguez, Alberto Garzón, Juantxo López de Uralde, Pablo Echenique, Rafa Mayoral e Victoria Rosell. 

Aínda é pronto para saber que carteiras dirixirán cada un, pero La Información apunta que Irene Montero ou a galega Yolanda Díaz poderían porse á fronte do ministerio dedicado á España baleirada. Ademais, o militar Julio Rodríguez soa como ministro de Defensa e a maxistrada Victoria Rosell, de Xustiza.

A composición do futuro Goberno non se coñecerá ata despois da investidura, que podería celebrarse antes de acabar o ano.

Comentarios