Zoo, Steve'n Seagulls e Banda Shangai, primeiras confirmacións para o Revenidas 2018

Os abanos de tres días saíron á venda por 26 euros

Festival Revenidas de Vilaxoán durante una actuación de 'La Raíz' nunha edición anterior
photo_camera Festival Revenidas de Vilaxoán, nunha edición anterior. ADP

O festival Revenidas, que celebrará o seu décimo quinta edición do 17 a 19 de agosto, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), anunciou as tres primeiras bandas que formarán parte da súa proposta final.

A mestura de electrónica, rap, metais e toques mediterráneos da banda Zoo, de Gandía (Valencia); as persoais versións de música metal dos finlandeses Steve'n Seagulls, e unha formación que agrupa a varios dos nomes máis importantes da música galega, Banda Shangai.

A organización do festival atópase articulando unha programación cun potente contido cultural galego que abarca diversas disciplinas, e sempre vinculado ás tradicións.

Ademais, o Festival das Linguas aposta por unha combinación de espazos gratuítos para o lecer de familias e de todos os públicos, cunha programación musical que incluirá máis importantes bandas internacionais, estatais e galegas, e que se desvelará durante os próximos meses.

O modelo de combinar actividades gratuítas para o público familiar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continuará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vinculadas á vila e á contorna no que se celebra.

Os interesados e interesadas en asistir ao Revenidas 2018 poden comprar xa os seus abonos de tres días, con acampada incluída, por un prezo de 26 euros a través da páxina web www.revenidas.com.

Comentarios