O actor Bruno Ganz sofre cancro de colón

É un dos artistas contemporáneos de fala alemá máis importantes, con recoñecidos papeis como a súa interpretación de Hitler en O afundimento

El actor Bruno Ganz. EP
photo_camera O actor Bruno Ganz. EP

O actor suízo Bruno Ganz, internacionalmente coñecido polo seu papel de Adolf Hitler na película O afundimento (2004), sofre cancro de colón, confirmou este xoves a súa axente a un programa da radiotelevisión suíza SRF.

Ganz, de 77 anos, debería actuar no Festival de Salzburgo a finais de xullo como narrador da ópera A Frauta Máxica, pero foi substituído por Klaus Maria Brandauer.

O actor "sentíase moi débil" e deuse conta nos ensaios de que non podía estar á altura das súas propias esixencias", sinalou a súa axente, Patricia Baumbauer, ao programa Glanz & Gloria, despois de que a revista do corazón alemá Bunte adiantase a noticia.
Ganz, orixinario de Zúric, comezou inmediatamente coas sesións de quimioterapia, segundo o seu axente.

O suízo é considerado un dos actores contemporáneos de fala alemá máis importantes con filmes tan emblemáticos como O amigo americano (1977) ou Ceo sobre Berlín (1987), ambas de Win Wenders.

Pero tamén se lle coñece polos papeis que interpretou en Hollywood, como en Sen identidade (2011), O conselleiro (2013) ou The Party (2017). 

Comentarios