O actor galego Pedro Alonso íspese en Instagram

A fotografía, coa que presentaba ao seu novo personaxe en 'La Casa de Papel', durou escasos minutos na rede social

El actor Pedro Alonso. JUANJO MARTÍN (EFE)
photo_camera O actor Pedro Alonso. JUANJO MARTÍN (EFE)

O intérprete vigués Pablo Alonso coñecido pola súa participación en series emblemáticas da TVG como Rías Baixas ou Padre Casares alcanzou o recoñecemento internacional por mor do seu papel en La Casa de Papel

Motivado coa promoción do seu novo personaxe na aposta de Netflix decidiu pousar espido na súa conta de Instagram. "Como pon no garabato sobre a foto, o meu novo personaxe chámase Q. E como se ve, estou a preparalo a conciencia", escribía xunto á imaxe.

O espido semiintegral do actor durou escasos minutos na rede, xa que pronto decidiu retirala, ben fose por pudor ou polos primeiros medios que se fixeron eco da fotografía.

Comentarios