Advirten de que os positivos dos autotest téñense que confirmar cunha PCR

Os autotest de diagnóstico de coronavirus estarán dispoñibles en farmacias "nos próximos días"
2019082700282656641
photo_camera Unha farmacia. EP

O Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos advertiu de que os posibles positivos dos autotest de diagnóstico da Covid-19, que estarán dispoñibles en farmacias "nos próximos días", téñense que confirmar cunha proba PCR.

"No caso dun posible positivo hai que confirmar cunha PCR", sinalou a portavoz do Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos, Ana López Casero, nun vídeo difundido aos medios.

Os cidadáns, segundo explicou López Caseiro, poderán atopar "nos próximos días" nas farmacias o primeiros test de autodiagnóstico para a Covid-19. Trátase de test de anticorpos para os cales se necesita prescrición médica, é dicir, receita e cuxos resultados "requiren sempre" a interpretación e intervención dun profesional sanitario.

"Preparamos unha guía de actuación para todos os farmacéuticos españois para unha adecuada dispensación informada deste test e para poder resolver todas as dúbidas que teñan os nosos cidadáns", apuntou.

De forma adicional, o Consello Xeral de Colexios de Farmacéuticos tamén ofreceu ao Ministerio de Sanidade, co que está a traballar, o poder desenvolver un protocolo de actuación "que sirva para apoiar e para colaborar coas autoridades sanitarias no adecuado control e seguimento dos datos".

Comentarios