Angela Merkel anuncia a suspensión da venda de armas a Arabia Saudita

"No que respecta ás exportacións de armas, estas non poden ter lugar no momento en que estamos", dixo a chanceler alemá

Angela Merkel. EFE
photo_camera Angela Merkel. EFE

A chanceler alemá, Angela Merkel, anunciou este domingo a suspensión da venda de armas a Arabia Saudita porque non poden facerse nas actuais circunstancias, en referencia á morte do xornalista Jamal Khashoggi.

"No que respecta ás exportacións de armas, estas non poden ter lugar no momento en que estamos", dixo Merkel en Berlín tras unha reunión con funcionarios do seu partido, a Unión Cristianodemócrata (CDU).

Merkel antes reiterara a condena á morte de Khashoggi que xa expresara antes nun comunicado conxunto co ministro de Exteriores, Heiko Maas.

Comentarios