Un ano de prisión por imprudencia para o dono da parcela onde morreu Julen

Terá que indemnizar aos pais e pagar 664.000 polas tarefas de rescate do neno
El dueño de la finca de Totalán, David Serrano, a su llegada al juzgado. EFE
photo_camera O dono da parcela de Totalán, David Serrano, á súa chegada ao xulgado. EFE

O dono da parcela onde morreu Julen, o neno de 2 anos que caeu a un pozo en Totalán (Málaga) en xaneiro de 2019, foi condenado a un ano de prisión logo de declararse culpable da morte por imprudencia grave do menor tras o acordo alcanzado cos pais do pequeno, aos que indemnizará con 180.000 euros. Esta pena de prisión foi suspendida polo maxistrado, polo que non entrará no cárcere. 

A vista oral celebrouse no Xulgado do Penal número 9 de Málaga e o acusado, ademais de recoñecer os feitos que lle imputan o fiscal e a acusación particular, pediu perdón e asegurou que nunca quixo "que lle pasase nada ao neno".

Tras un acordo de conformidade, o maxistrado ditou sentenza de forma verbal e estimou as atenuantes de recoñecemento tardío dos feitos e reparación parcial do dano. O xuíz tamén acordou unha indemnización para cada un dos pais de 89.529,27 euros e para a Junta de Andalucía polos gastos do rescate do pequeno de 663.982,45 euros.

Comentarios