Un home asasina a súa nai e a súa muller en Zaragoza y quítase a vida

Deixou unha nota antes de precipitarse desde a súa vivenda á rúa

Cartel de repulsa contra a violencia machista.AEP
photo_camera Cartel de repulsa contra a violencia machista.AEP

Un home de 67 anos asasinou este xoves en Zaragoza, con evidentes signos de violencia, a súa muller, Dolores M. de 68 anos, no mesmo domicilio, e a súa nai, M.M.G. de 92, na vivenda da anciá, e posteriormente suicidouse.

A policía recibiu cara ás 8 da mañá un aviso a través do 112 no que se informaba de que un home se precipitou á rúa, no barrio de Casabranca.

O home faleceu pouco despois da chegada dos servizos sanitarios, tras ser atendido no lugar no que foi atopado tras precipitarse desde o seu domicilio.

Ao acceder á vivenda desde a que se produciu a caída, os axentes atoparon o corpo sen vida da súa esposa, Dolores M. con feridas graves de arma branca. A muller, segundo a delegada do Goberno, sufría ao parecer unha enfermidade dexenerativa.

Posteriormente, e tras a rolda de prensa que ofreceu para informar o suceso a Delegada do Goberno, Carmen Sánchez, a Policía Nacional achou no seu domicilio do distrito Centro de Zaragoza o cadáver da nai do homicida.

O home deixara unha nota antes de precipitarse desde a súa vivenda á rúa, na que detallaba as dúas mortes, aínda que non se facilitaron mais datos do contido da misiva.

Dolores M. e o seu marido eran médicos xubilados e non constaba ningunha denuncia previa por violencia de xénero.

Co dobre asasinato da nai e a muller do asasino, o número de vítimas mortais a mans das súas parellas ou exparellas no que vai de ano ascende a 30 (hai un máis en investigación) e trátase do segundo caso rexistrado en Aragón en 2018.

A partir do mediodía deste xoves, as bandeiras ondearán a media hasta na cidade durante 24 horas en repulsa por este asasinato.

Comentarios