Ascenden a 11 os mortos e a 322 os contaxiados polo coronavirus en Italia

Aparecen os primeiros afectados o sur do país
Un hombre con mascarilla en el metro de Milán. EFE
photo_camera Un home con máscara no metro de Milán. EFE

 Un total de once persoas faleceron en Italia a causa do coronavirus, que contaxiou xa a 322 persoas neste país, case 40 máis que no último balance, segundo anunciaron este martes as autoridades de Protección Civil. Os falecidos pasan de sete a once, logo da morte de dous homes de 84 e 91 anos e unha muller de 83, explicou o xefe da Protección Civil, Angelo Borrelli, quen indicou que esta patoloxía "golpea sobre todo en termos de mortalidade aos maiores". A cuarta vítima é outra muller de 76 años que sufría unha "grave enfermidade".

Os contaxiados aumentaron en 39, ata os 322, e a maior parte, 240, localizáronse no foco principal do virus en Italia, a rexión de Lombardía (norte), do mesmo xeito que os tres últimos falecementos. Seguíronlle as rexións do Véneto (43), Emilia-Romaña (26), Piamonte (3), Lacio (3), Sicilia (3), Toscana (2), Liguria (1) e Alto Adige (1).

Dos infectados, os pacientes hospitalizados con síntomas son 114, 35 permanecen en coidados intensivos, 162 atópanse illados nos seus propios domicilios e unha xa sanou. Unha das novidades desta xornada, ademais do primeiro caso en Liguria (noroeste), é que o coronavirus, que afectara prevalentemente ás rexións norteñas, chegou ao sur, en concreto á cidade siciliana de Palermo. 

As vítimas deste patóxeno en Italia eran persoas de avanza idade con outras enfermidades

Os tres contaxiados en Sicilia son unha muller de Bérgamo, en Lombardía, que se atopaba de viaxe e presenta boas condicións de saúde aínda que ten febre, e dous compañeiros que a acompañaban nun grupo turístico. 

O conselleiro de Saúde da rexión de Lombardía, Giulio Gallera, confirmou estes datos pero engadiu que é preciso esperar a saber en que medida o coronavirus causou as mortes, algo que está a ser estudado polo Instituto Superior de Sanidade (ISS). Isto é porque as vítimas deste patóxeno en Italia eran persoas de avanza idade con outras enfermidades. 

O presidente de Lombardía, Attilio Fondana, asegurou que a poboación está a actuar de forma "seria e cívica" ante as medidas para conter o virus, pois dez municipios lombardos cuns 50.000 veciños atópanse illados. E pediu esperar uns catro ou cinco días para comprender o efecto destas medidas, nas que asegurou que confía.

O principal foco de contaxio en Italia certifica que se estabilizou o número de casos de coronavirus

O Goberno italiano pediu confianza ao resto de países do mundo para que non restrinxan as chegadas de turistas ou visitantes italianos, despois de que algúns países corten o tráfico aéreo co país europeo. Con ese obxectivo o ministro de Sanidade, Roberto Speranza, reuniuse  en Roma coa comisaria europea de Sanidade, Stella Kyriakides, e cos seus homólogos dos países confinantes, Austria, Francia, Eslovenia e Suíza, ademais de Croacia e Alemaña.

Speranza explicoulles que pechar as fronteiras con Italia sería "unha medida desproporcionada e equivocada" e os seus homólogos referíronlle a súa confianza en Italia. "Os italianos poden seguir viaxando. O noso servizo sanitario, os nosos médicos e científicos están considerados de grandísimo nivel en Europa. Temos a confianza de todos", dixo o ministro en rolda de prensa, xunto ao de Exteriores, Luigi Di Maio.

Comentarios