Autorizan o Open Arms a desembarcar os 87 migrantes rescatados en Alxeciras

O Goberno non ten previsto destinar máis fondos para inmigración de aquí a final de ano pese ao incremento de chegadas

El buque de rescate humanitario Proactiva Open Arms. DOMENECH CASTELLÓ (EFE)
photo_camera O buque de rescate humanitario Proactiva Open Arms. DOMENECH CASTELLÓ (EFE)

O Goberno de Pedro Sánchez autorizou o buque Open Arms a desembarcar no porto gaditano de Alxeciras os 87 inmigrantes e refuxiados que rescatou o pasado xoves en augas do Mediterráneo central. Fontes gobernamentais precisaron que o barco da ONG chegará previsiblemente este martes 7 de agosto ao porto andaluz, onde o dispositivo de recepción "está preparado". Nestes casos, o primeiro que se ofrece aos pasaxeiros é atención médica e sanitaria. 

"A menos de 24h de chegar a costas españolas, seguimos sen porto onde desembarcar. Logo de fuxir de países de inferno, xogarse a vida e 4 días de travesía a bordo, ¿agora que? ¿que lles dicimos? Só somos socorristas nun barco de salvamento que lles salvamos a vida", publicara Proactiva Open Arms antes de coñecer a decisión de España. 

Pouco antes de coñecerse a noticia da autorización a desembarcar en porto español, a ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Magdalena Valerio, asegurou que España respectaría as leis internacionais e acollería o buque de bandeira española. 

Ademais, indicou que o Executivo de Pedro Sánchez non ten previsto destinar máis fondos e recursos "de aquí a final de ano" para políticas de inmigración, a pesar de que así o reclaman os distintos territorios ante o incremento das chegadas de migrantes en patera. 

Comentarios