O avión de Melania Trump aterra de urxencia por fume en cabina

A primeira dama atopábase en inmersa nunha xira en contra do abuso de opioides e do acoso en internet

Melania Trump. MICHAEL REYNOLDS (EFE)
photo_camera Melania Trump. MICHAEL REYNOLDS (EFE)

O avión no que viaxaba a primeira dama de Estados Unidos, Melania Trump, viuse obrigado este mércores a aterrar poucos minutos logo de despegar debido a un problema técnico no aparello que provocou unha fumareda na cabina, informaron medios de comunicación locais.

O incidente, que tivo lugar á primeira hora da mañá, levou ao piloto do avión a retornar á base de Andrews, en Maryland, desde onde a nave despegara apenas dez minutos antes, de acordo cos xornalistas que acompañaban á primeira dama na súa viaxe.

O persoal de cabina do aparello repartiu toallas húmidas e deu instrucións para que se tapasen a cara con elas para así evitar respirar fume.

Polo momento non se desvelaron as causas do problema.

A primeira dama tiña previsto desprazarse este mércores a Filadelfia (Pensilvania) para participar nun acto da campaña Be Best (Se mellor), unha acción centrada nos nenos e destinada a loitar contra o abuso de opioides e contra o acoso en internet.

Finalmente, tanto Melania como a comitiva que lle acompañaba, embarcaron nun segundo avión que partiu dúas horas máis tarde do inicialmente previsto rumbo a Filadelfia, onde chegou sen novos incidentes.

Comentarios