Un avión procedente de Dubái, en corentena en Nova York tras quedar enfermos 100 pasaxeiros

O voo, da compañía Emirates, aterrou cunhas 500 persoas a bordo

Avión de Emirates. EP
photo_camera Avión de Emirates. EP

Un avión procedente de Dubai foi posto este mércores en corentena no aeroporto JFK de Nova York despois de que un centenar de pasaxeiros se sentisen enfermos, informaron medios locais.

O voo, da compañía Emirates, aterrou ao redor das 9.10 hora local (13.10 GMT) cunhas 500 persoas a bordo.

Axentes de policía e expertos dos Centros de Prevención e Control de Enfermidades (CDC) estaban a esperar ao avión pois foran informados os síntomas que sufrían numerosos pasaxeiros.

Os servizos de urxencias tamén están presentes cun importante despregamento de ambulancias para atender aos enfermos. 

Comentarios