O avogado do Franco, candidato de Vox en Pozuelo de Alarcón

Defendeu á familia o ditador no xuízo polas esculturas do Pórtico da Gloria

Juan José Aizcorbe Torra, el abogado de los Franco. EFE
photo_camera Juan José Aizcorbe Torra, o avogado do Franco. EFE

O avogado da familia Franco, Juan José Aizcorbe Torra, é o candidato de Vox ao Concello de Pozuelo de Alarcón, segundo as listas publicadas este mércores no Boletín Oficial da Comunidade de Madrid.

Aizcorbe figura como número un da formación de Santiago Abascal no municipio madrileño, seguido de Juan Ignacio Fernández Tomás, Ángel Hernández Pando e Marta Ordozgoiti de la Rica.

Este avogado é o encargado de defender á familia Franco na demanda do Concello de Santiago de Compostela para que devolvan dúas esculturas do Mestre Mateo que formaban parte do Pórtico da Gloria da catedral da capital galega. 

Comentarios