Barcelona conmemorará a mobilización cidadá do 1 de outubro do ano pasado cunhas xornadas de reflexión e a exposición "1 de outubro e máis. Barcelona, cidade de dereitos", no antigo cárcere Modelo, a partir do próximo xoves, día 27.
As xornadas culminarán o luns 1 de outubro cun acto no que intervirán a alcaldesa Ada Colau; o vicepresidente de Òmnium Cultural, Marcel Mauri; o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Sevilla Javier Perez Royo; e o Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel, mediante unha videoconferencia que presentará o actor Alberto San Juan.
O tenente de alcaldía de Dereitos da Cidadanía, Jaume Asens, presentou este martes as xornadas, que organizaron conxuntamente o Concello de Barcelona e as entidades da campaña Mañá podes ser ti, sen a participación da Generalitat.