Bolsonaro dá negativo por coronavirus tres días despois de volver de Miami

Jair Bolsonaro. ALI HAIDER (EFE)
photo_camera Jair Bolsonaro. ALI HAIDER (EFE)

O presidente de Brasil, Jair Bolsonaro, deu negativo de coronavirus, tres días despois de concluír unha visita a Miami, que incluíu numerosos actos públicos e unha cea co mandatario estadounidense, Donald Trump, segundo informou este venres o Goberno.

Bolsonaro someteuse aos exames despois de que se confirmou que contraera a enfermidade o xefe da Secretaría Especial de Comunicación da Presidencia, Fabio Wajngarten, quen integrou a comitiva oficial que viaxou a Miami.

O propio mandatario informou do negativo no seu perfil na rede Twitter.

Comentarios