Buscan os responsables da morte dun can tras usalo como pelota de béisbol

Os agresores gravaron en vídeo o feito. As autoridades tratan de atopar aos autores da agresión

Capturas del vídeo grabado con la agresión al perro.
photo_camera Capturas do vídeo gravado coa agresión ao can.

A Policía de Veracruz (México) investiga un lamentable episodio de malos tratos animais sucedido na localidade de Córdoba. Segundo varios medios locais, un grupo de indiviudos mataron a un can golpeándoo varias veces cun bate ao utiilzalo coma se fose unha pelota de béisbol.

Unha das persoas que se atopaba no lugar gravou co seu teléfono a agresión e as imaxes non tardaron en compartirse pola cidade ata que chegou a mans da Policía. Agora os axentes traballan para identificar os responsables.

Comentarios