Un cambio brusco do tempo podería traer neve en pleno agosto

Mapa de predicción de variación meteorológica. AEMET
photo_camera Mapa de predición de variación meteorolóxica. AEMET

A entrada polo norte peninsular dunha masa de aire polar a finais de semana podería facer que apareza neve de forma "testemuñal" nos Pireneos o venres ou o sábado e, en todo caso, este fenómeno traerá choivas abundantes a esa zona, así como unha baixada brusca de temperaturas.

Calor e frío alternaranse nos últimos días de agosto, de maneira que os termómetros pasarán de marcar de 5 a 10 graos máis do habitual na península ou alcanzar os 40 en Canarias, a rexistrar a partir do venres valores moi baixos que darán lugar a un ambiente frío no norte peninsular.
 
Segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o calor máis sufocante nos próximos días terano no arquipélago canario, onde a entrada de aire quente africano provocará entre mañá mércores e o vindeiro venres temperaturas superiores aos 35 graos e incluso aos 40 graos no interior de Lanzarote, Forteventura, Gran Canaria e posiblemente nalgúns puntos das illas occidentais.

As mínimas en Canarias serán tamén moi elevadas ata finais de semana, con máis de 27 graos o en sur de Gran Canaria, e tampouco baixarán dos 30 ou 32 graos pola noite nalgunhas zonas desa illa.

A AEMET advirte de que o aire seco e cálido "dispara" o risco de incendios forestais no arquipélago, como o que nos últimos días veu afectando á illa da Palma.

Tamén na Península e en Baleares fará moito calor desde hoxe ata o xoves e rexistraranse temperaturas de 5 a 10 graos por encima do habitual nesta época do ano en boa parte do centro e do sueste.

O cambio chegará entre o venres e o vindeiro sábado, cando as temperaturas baixarán bruscamente e traerán un ambiente incluso de frío ao norte peninsular, onde é posible que o fin de semana chova de xeito abundante no Cantábrico, nordeste e Cataluña e incluso, e segundo indica a Aemet, poderán aparecer "de forma testemuñal" as primeiras nevadas estivais polos Pireneos.

Comentarios